2017 toca ao seu fin coa memoria recente de tantas xornadas de traballo, de laboriosos amenceres en granxas e lonxas, nas nosas plantas loxísticas e centros de distribución. A trasfega de camións a través de estradas xeadas, cubertas de néboa ou azoutadas pola choiva. O alborexar dos nosos supermercados, antes de abrir as portas a quen cada día confía as súas compras en nós, os nosos clientes, a nosa razón de ser.

 

En Vegalsa-Eroski apostamos pola cultura propia, por unha creatividade que, ademais de representarnos, propoña e cultive novas formas de ser, de facer e de entender o mundo. Vegalsa-Eroski, De Vacas e Nova Galega de Danza son o reflexo desa Galicia que vén, dun futuro que xa alcanzamos a tocar, exultante e máxico; unha Galicia punteira na que todos temos cabida, onde poder traballar e continuar construíndo o futuro coa máxima ilusión.

 

Vegalsa-Eroski, un novo xeito de facer Galicia.

#déixatelevar

FELICITA CON NÓS O ANINOVO

Só tes que seguir os seguintes pasos:
1. Selecciona a FELICITACIÓN DE ANINOVO que máis che guste.
2. Indica o teu nome para que esta persoa saiba quen lla envía.
3. Indica o email da destinataria.
4. Escribe unha mensaxe que acompañará a imaxe.
5. Dálle a enviar!